Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión provisional para os dous acusados de acoitelar dous menores na Coruña

Prisión provisional para os dous acusados de acoitelar dous menores na Coruña

Están investigados por un delito de lesións

G24.gal 05/07/2022 14:33

O maxistrado do Xulgado de Instrución número 5 da Coruña, en funcións de garda, decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza para os dous homes acusados de acoitelar dous menores durante unha pelexa. Ambos os dous están investigados por un delito de lesións.

Os feitos, que os dous homes negaron perante o xuíz, tiveron lugar na madrugada do pasado 3 de xullo, no cruzamento do Obelisco coa rúa do Santo André, en pleno centro da Coruña. 

Na actuación participou tanto a Policía Local, que foi quen prendeu o primeiro dos acusados, como a Policía Nacional, que detivo o outro home, supostamente implicado na pelexa en que os dous menores sufriron feridas de arma branca no abdome, polo que tiveron que ser trasladados de urxencia ao CHUAC. Alí foron intervidos cirurxicamente. Arestora permanecen ingresados en planta e evolucionan favorablemente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade