Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión provisional para o home que acoitelou a súa exmuller en Pontevedra

Prisión provisional para o home que acoitelou a súa exmuller en Pontevedra

Está acusado dun delito de intento de homicidio

A vítima quedou ferida de gravidade e permanece hospitalizada

G24.gal 01/05/2023 15:59

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra, en funcións de garda, decretou a prisión provisional, comunicada e sen fianza, do detido. Está investigado por un intento de homicidio
O arrestado pasou este luns a disposición xudicial. Estaba detido por acoitelar, supostamente, a súa exmuller. A vítima de 36 anos recibiu coiteladas no pescozo e quedou ferida de gravidade. Foi trasladada ao hospital  de Montecelo onde permanece ingresada e está estable.

Os feitos ocorreron en Monte Porreiro. Nun primeiro momento o acusado, de 50 anos, tratou de fuxir pero, finalmente, entregouse voluntariamente na Policía Nacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade