Prisión provisional para o detido por acoitelar a súa muller na Coruña
O xulgado dita unha orde de afastamento e a prohibición de comunicación coa vítima

O home detido por acoitelar a súa muller este luns na Coruña ingresará en prisión provisional, segundo acorda o xulgado de violencia contra á muller da cidade. Pasou a disposición xudicial este mércores e permanecerá en prisión comunicada e sen fianza.
Está sendo investigando por un delito de violencia machista con tentativa de homicidio ou de lesións agravadas, algo que aínda se está por determinar. Isto tras acoitelar a súa muller nun piso da rúa Tornos. A vítima evoluciona favorablemente no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.
Ademais da prisión provisional, o xulgado dita unha orde de afastamento ao detido e a prohibición de comunicación. Tamén, engade medidas como a garda e custodia dos fillos menores á nai, pensión alimentaria e prohibición de visitas aos fillos. O uso do domicilio pasará a ser da muller.