Deteñen un home na Coruña acusado de acoitelar a súa parella

A muller permanece ingresada con prognóstico reservado

G24.gal 27/11/2023 16:37

A policía detivo un home este luns na Coruña por un presunto caso de violencia machista. Supostamente agrediu a súa parella cunha arma branca, polo que a muller tivo que ser trasladada en ambulancia ao hospital.

O presunto agresor saíu esposado do domicilio en que se produciron os feitos, un piso situado na rúa Tornos. Na zona despregouse un amplo dispositivo policial.

Os axentes rexistraron a vivenda e a Unidade de Familia e Atención á muller da Policía Nacional abriu xa unha investigación para aclarar o sucedido. 

A vítima está ingresada no complexo hospitalario universitario da Coruña en prognóstico reservado e presenta unha ferida de arma branca no abdome e que se atopa ingresada en observación en urxencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade