Prioridades á hora de mercar vivenda
Os elevados prezos condicionan a construción de unifamiliares e as reformas de pisos
Casas máis pequenas en que se valora a luminosidade e os espazos abertos
A covid primeiro e os elevados prezos do sector inmobiliario despois están mudando as prioridades á hora de mercar vivenda.
A xente xa non ten tanto en conta que sexa moi grande, sempre que cumpra as necesidades da familia. O que si valora a maioría é a orientación, que sexa luminosa e teña espazos abertos.
A escasa oferta nas cidades fai que siga á alza o mercado da vivenda de segunda man e as reformas, tamén condicionadas polo custo, sobre todo da man de obra.
Ocorre o mesmo coa construción de vivendas unifamiliares. A xente opta por casas máis pequenas ou dun só andar e con terreos máis reducidos e doados de manter.