Publicador de contidos

Publicador de contidos

Principio de acordo para desconvocar a folga de bombeiros comarcais

Principio de acordo para desconvocar a folga de bombeiros comarcais

O pacto prevé melloras nas condicións laborais referidas tanto ao reforzo de efectivos como aos salarios e horarios, segundo comunicaron os sindicatos

G24.gal 01/02/2024 14:30 Última actualización 01/02/2024 17:35

Representantes dos consorcios provinciais Contraincendios e Salvamento e dos diferentes sindicatos que representan os persoais dos bombeiros comarcais mantiveron hoxe unha reunión coa Administración, no Consello Galego de Relacións Laborais, na que se “chegou a un principio de acordo para desconvocar a folga indefinida” dos últimos meses.

Segundo informan os sindicatos convocadores nun comunicado, “o texto, asinado por representantes da Xunta, das catro deputacións provinciais e dos sindicatos, prevé melloras nas condicións laborais referidas tanto ao reforzo de efectivos como aos salarios e horarios, entre outras”.

Tras a firma deste acordo nunha reunión que se celebrou este xoves, desconvócase a folga e ademais, constitúese unha comisión de seguimento para controlar os avances. Tamén se establecen prazos con "mínimos de contratación e horarios que se van incluír no convenio que se vai negociar a partir do día 22".

En todo caso, precisan, “continuarase coa negociación para alcanzar melloras laborais nos centros de traballo dos consorcios provinciais de bombeiros das catro provincias galegas”, nos “24 parques comarcais da comunidade”.

Así mesmo, “prevé tamén crear unha mesa de negociación para concretar a redacción dun novo convenio colectivo e dunha nova relación de postos de traballo (RPT)”. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade