Principio de acordo entre Irosa-Samaca e os comuneiros para evitar o peche das louseiras

A medida afecta 250 traballadores, que respiran máis tranquilos, aínda que seguen pendentes de que se materialice o acordo para coñecer os detalles

G24.gal 10/11/2023 20:52 Última actualización 10/11/2023 21:13

As instalacións de Samaca permanecen pechadas dende mediados de setembro cando unha orde xudicial obrigou ao seu desafiuzamento. O motivo, o litixio que manteñen os comuneiros e os propietarios da empresa sobre a titularidade dos terreos. A situación afecta 250 traballadores que nas últimas horas impedían que un tráiler sacase lousa das instalacións. Unha situación que mudaba tras anunciarlles o dono que chegaran a un preacordo para solucionar o conflito. Agarda que se materialice a vindeira semana. Ata daquela nada poden adiantar, afirma. 

A orde de desafiuzamento para o resto das instalacións, onde por agora seguen traballando, está prevista para o 29 de novembro. O anuncio era ben recibido polos empregados que agardan así e todo a coñecer os detalles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos