Publicador de contidos
Publicador de contidos

Primeiro premio para un panettone de chocolate feito en Bergondo

Primeiro premio para un panettone de chocolate feito en Bergondo

A reposteira Lucía No quedou de terceira no campionato O Mellor Artesán do Panettone

G24.gal 12/11/2022 14:45 Última actualización 12/11/2022 15:16

A súa orixe está envolta en lendas, pero o único realmente confirmado é que o primeiro panettone da historia saíu dos fornos dunha panadería de Milán. Co tempo, este biscoito tradicional do Nadal italiano conquistou as mesas de medio mundo e aquí xa é unha sobremesa habitual.

panettone de chocolate, framboesa e pistacho que elabora Lucía No na pastelería San Isidro Bakery acaba de ser premiado nun campionato en Murcia. Hoxe é o doce máis buscado na tenda, un negocio familiar que iniciaron os seus bisavós en 1906 e que conserva intactos a ilusión e o amor polo oficio. 

Lucía quedou de primeira na categoría de chocolate e de terceira no campionato, ao que tamén presentou un panettone con acento galego, a base de castañas, mazás e esencias do país.

A creadora di que o segredo é o agarimo que deposita en cada elaboración, pero detrás do seu éxito hai moita formación: o ano pasado fixo un curso de especialización en Milán, berce do panettone tradicional.

Cada día pon á venda cen destes pans doces, pero durante o Nadal terá que aumentar a produción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade