Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta promove vivenda pública en Teo, A Estrada e Lalín

A Xunta promove vivenda pública en Teo, A Estrada e Lalín

O Goberno galego aprobou a construción de máis de 70 pisos de promoción autonómica nestes tres concellos

Alfonso Rueda dixo que a colaboración entre administracións é fundamental, e que o acceso a unha vivenda digna é unha prioridade do seu Goberno

G24.gal 06/05/2025 14:32

A Xunta vai construír 17 novas vivendas públicas en Lalín, 28 na Estrada e 26 en Teo. En total, máis de 70 vivendas nestes tres concellos próximos a Santiago de Compostela. 

Alfonso Rueda destacou a importancia da colaboración entre administracións para avanzar na construción de vivenda pública en Galicia.

"Hai que poñer solucións reais, os teóricos de todo isto son os que nos levaron á escaseza de vivendas. Eu prefiro comprometernos e actuar; cooperar e planificar o que queremos facer, ter os resursos e priorizalos". "Agora mesmo investir en vivenda é unha priorización axeitada, é o que hai que facer, é unha necesidade que hai que atender", asegurou o presidente da Xunta. 

O obxectivo do Goberno galego é duplicar o número de vivendas públicas nesta lexislatura, pasando de 4.000 a 8.000. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade