Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cautela en Galicia no primeiro día sen máscaras en interiores

Cautela en Galicia no primeiro día sen máscaras en interiores

O BOE publica a modificación do decreto que pon fin á obrigatoriedade da máscara en espazos interiores, salvo no transporte e nos centros sanitarios

A presión hospitalaria baixa notablemente en Galicia

G24.gal 20/04/2022 09:45

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica a modificación do decreto que pon fin ao uso obrigatorio das máscaras en interiores a partir deste mércores, salvo nalgúns espazos. Este decreto foi aprobado no último Consello de Ministros, celebrado onte, martes 19 de marzo.

Este real decreto establece os ámbitos onde a máscara seguirá sendo obrigatoria.

Será obrigatorio o uso da máscara para todas as persoas de seis anos ou máis:

-No transporte aéreo, ferroviario ou por cable, no autobús e en todos o transporte público de pasaxeiros. Non será requirida nas estacións e nas plataformas.

-Nos espazos pechados de buques e embarcacións onde non sexa posible manter a distancia de 1,5 metros, agás nos camarotes, cando sexan compartidos por grupos de conviventes.

-Nos centros sociosanitarios, traballadores e visitantes terán que levar máscara cando estean en zonas compartidas.

-Nos centros, servizos e establecementos sanitarios, segundo o establecido no real decreto 1277/2003, do 10 de outubro, serán tamén lugares onde os traballadores e visitantes.  As persoas ingresadas deberán levar máscara cando se atopen en zonas compartidas, no seu cuarto poden estar sen ela.

Uso da máscara no ámbito laboral

No ámbito laboral, con carácter xeral, o uso de máscaras non será obrigatorio, recolle o BOE.

Excepcións:

-Os responsables da prevención de riscos laborais, de acordo coa correspondente avaliación de riscos do posto de traballo, poderán determinar as medidas preventivas oportunas que deban implantarse no lugar de traballo ou en determinados espazos dos centros de traballo.

A ministra de Sanidade, Carolina Darias, subiñou que non se pode dicir en que empresas seguirá sendo obligatoria a máscara porque "dependerá do posto e a contorna en que se está" e serán os servizos de prevención os que fagan a avaliación. "E haberá que facerlles caso", advertiu, porque "os servizos de prevención terán as razóns fundadas porque fixeron a avaliación correspondente".

-Non se lles esixirá esta obriga ás persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que poida verse agravada polo uso da máscara ou que, pola súa discapacidade ou dependencia, non teñan autonomía para retirar a máscara ou presenten alteracións de condutas que fagan inviable o seu uso.

Tampouco será esixible en caso de que, pola propia natureza das actividades, o uso da máscara sexa incompatible.

Recomendacións para os máis vulnerables

As autoridades sanitarias recomendan que as persoas con maior vulnerabilidade á infección por coronavirus manteñan o uso de máscara en calquera situación en que exista contacto prolongado con persoas a unha distancia inferior a 1,5 metros.

Por este motivo, recoméndase o uso responsable da máscara en espazos pechados de uso público nos que transitan ou permanezan durante moito tempo, así como en actos multitudinarios.

Segundo o último informe publicado o 8 de abril de 2022, todos os principais indicadores de seguimento da epidemia actual, de acordo coa 'Estratexia de vixilancia e control fronte ao covid-19 tras a fase aguda da pandemia', atópanse en nivel de risco baixo na maior parte do territorio, o que sitúa a alerta no nivel 1 en 42 das 52 provincias e no nivel 2 en 8 provincias. Hai dúas provincias que xa non presentan situación de alerta.

A gravidade da enfermidade diminuíu "significativamente" coa chegada das vacinas. Así, segundo os datos recibidos a través da Rede Nacional de Vixilancia Epidemiolóxica, a taxa de hospitalización entre os casos pasou dunha media de arredor do 7 % na onda epidémica de decembro de 2020 a febreiro de 2021 a un 1,19 % na onda epidémica de decembro de 2021 a marzo de2022, mentres que o de ingreso na UCI variou do 0,67 % ao 0,06 % e o da letalidade pasou do 1,46 % ao 0,19 % para toda a poboación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar