Cargando resultados...
A presión hospitalaria baixa notablemente no primeiro día sen máscaras obrigatorias en interiores
Baixan de 630 as persoas hospitalizadas en planta
O Sergas notificou catro falecementos nas últimas 24 horas
Descenden, tamén, os casos activos

G24.gal
20/04/2022 10:34
Baixan de forma relevante os ingresos por coronavirus en planta (-103) e nas UCI (-6), baixando das 640 hospitalizacións. En total, hai 625 e 13 persoas ingresadas, respectivamente.
Pola súa parte, os contaxios diarios continúan aumentando e chegan aos 1.614, que se reparten nas distintas áreas sanitarias da seguinte maneira:
Baixan os casos activos, pero lixeiramente, despois duns días de subida, descendendo aos 12.833 (-139).
O Sergas notificou catro decesos por mor da covid–19 nas últimas 24 horas, que alzan a cifra a 3.304 falecementos desde o inicio da pandemia.