Publicador de contidos

Publicador de contidos

Íñigo Vélez: "O reto é complicado, hai moitos puntos de diferenza, pero é posible"

Íñigo Vélez: "O reto é complicado, hai moitos puntos de diferenza, pero é posible"

Debuta o sábado en Mendizorroza, na súa casa

Esta mañá realizou a súa primeira sesión de adestramento

Foto @CDeportivoLugo
G24.gal 08/03/2023 12:42 Última actualización 08/03/2023 14:35

Íñigo Vélez fixo o seu primeiro adestramento no Ceao. Por diante ten o reto de salvar o Lugo a doce puntos da permanencia á falta de doce xornadas. Debuta o sábado en Mendizorroza, na súa casa. É o cuarto adestrador da temporada.

"O reto é complicado, hai moitos puntos de diferenza, pero é posible"

"Agora hai que subir o ánimo máis alá dos termos tácticos e futbolísticos"

O club galego destacou que é "un dos adestradores novos a destacar no panorama nacional das últimas tempadas" e lembra que "conseguiu o histórico ascenso" co Amorebieta na tempada 2020/21 á categoría de prata.

Tamén fai fincapé o equipo lucense na súa "traxectoria notable como futbolista en conxuntos como Eibar, Athletic Club de Bilbao ou Numancia".

"Un técnico preparado e novo, con importantes logros en campañas recentes, e que chega a Lugo para acometer o reto da permanencia na categoría de prata do fútbol español", explicou o club lucense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade