Trinta menores dan voz á rapazada ante a Administración pública
Primeira xuntanza do Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia
"Dá moita carraxe cando opinas e che din que eres moi novo e non podes falar".
"Nós temos moito que contar, a infancia ten moito que contar".
"Fixemos as presentacións e propuxemos ideas para mellorar a educación".
Irene, Juan e Lucía estrean cargo como membros do primeiro Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia. Está formado por trinta menores de 8 a 17 anos que teñen moito que dicirlles aos representantes da Administración pública.
"Ninguén coñece mellor as inquedanzas desta etapa da vida, eles son os protagonistas. Por iso hai que ofrecerlles un altofalante que lles permita expresar as súas necesidades, inquedanzas e demandas", explica Fabiola García, conselleira de Política Social e Xuventude.
O transporte infantil ou a discriminación nas aulas foron algúns dos temas tratados na primeira xuntanza dun consello que racha todos os moldes.
"Tamén estamos aquí para romper os estereotipos dunha mocidade irresponsable e pouco preocupada polo que pasa, hai xente así pero non todos somos así".
Pequenos conselleiros con grandes ideas que exercerán o seu dereito a falar e seren escoitados sen que ninguén os faga calar.