Cargando resultados...
Primeira reunión do BNG tras as eleccións, con Ana Pontón consolidada como líder da oposición
Os nacionalistas están satisfeitos pola mellora experimentada
G24.gal
24/02/2024 16:31
A xuntanza deste sábado, a primeira tras os comicios autonómicos, comezou cun aplauso colectivo. O Partido Popular revalidou a súa maioría absoluta, pero os nacionalistas están satisfeitos pola mellora experimentada.
Aumentaron a súa representación no Pazo do Hórreo e Ana Pontón consolida a súa figura como líder da oposición. Con eses datos sobre a mesa, a voceira nacional da formación cre que o obxectivo final está máis preto.
"O obxectivo final está máis preto porque hai xa unha nova Galicia en marcha. Como dicía Castelao: 'Temos, tivemos e teremos fe no noso pobo', e este 18 de febreiro demostrouse que cada vez máis pobo ten confianza en nós", afirmaba Ana Pontón.