Publicador de contidos

Publicador de contidos

Primeira fin de semana sen voos en Alvedro polas obras de renovación da pista

Primeira fin de semana sen voos en Alvedro polas obras de renovación da pista

O aeródromo permanecerá pechado de venres a domingo ata o 3 de xullo

G24.gal 12/06/2022 14:27 Última actualización 12/06/2022 14:46

Esta é a primeira fin de semana das catro que vai estar inactivo o aeroporto de Alvedro por mor das obras que se están a realizar nel.

Os traballos céntranse, polo momento, na renovación do pavimento e do sistema de iluminación no campo de voos.

A maiores tamén se vai construír unha plataforma de xiro que lles permitirá ás aeronaves aforrar máis de tres mil quilómetros de percorrido pola pista ao ano.

As obras custarán once millóns de euros e estarán completadas no primeiro cuadrimestre do ano 2023.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade