Publicador de contidos

Publicador de contidos

Primeira fin de semana de xullo cunha ocupación inferior ao agardado

Primeira fin de semana de xullo cunha ocupación inferior ao agardado

En varias zonas de Galicia sitúase entre o 65 % e o 70 %

O sector amósase optimista e agarda chegar aos niveis anteriores á pandemia

G24.gal 02/07/2022 20:49

Moitos turistas chegaron xa ao seu destino e gozan das súas vacacións aquí en Galicia. Pese a que os datos de ocupación nesta primeira fin de semana de xullo non son os esperados, entre o 65 % e o 70%, o sector da hostalería amósase optimista. 

Inauguramos a primeira fin de semana de xullo. Para moitas persoas, é o inicio das súas agardadas vacacións. Moitos elixen as Rías Baixas para pasar uns días de descanso. Aínda así, o sector fala de cifras por debaixo do agardado neste inicio do verán.

"Esperabamos unhas maiores cifras de ocupación, estamos en Galicia arredor do 55-65% de ocupación. Quedan moitísimas camas dispoñibles de momento", asegura Cesáreo Pardal, presidente do Clúster de Turismo de Galicia.

Para os hostaleiros da provincia de Pontevedra este tímido comezo é algo habitual e probablemente irá aumentando a ocupación nas vindeiras semanas. Con todo, hai hoteis onde as previsións xa son moi boas.

"Para nós a ocupación estase recuperando xa en números do ano 2019 ou 2018", di Óscar Fontán, director do Gran Talaso de Sanxenxo.

Nas Rías Altas esperan que a ocupación hoteleira tamén comece a medrar a partir desta fin de semana. Os niveis de ocupación de aquí en diante dependerán tamén dun factor chave: a previsión do tempo. 

Con todo, o sector hostaleiro é optimista en chegar a recuperar este verán os niveis de turismo de antes da pandemia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar