Cargando resultados...
Tranquilidade nas tendas na primeira fin de semana de rebaixas de xaneiro
Tranquilidade nas tendas na primeira fin de semana de rebaixas de xaneiro
Abrigos, calzado, roupa interior ou obxectos para o fogar son as adquisicións máis habituais
Os estudos apuntan a que cada galego gastará 85 euros nesta campaña
G24.gal
11/01/2025 14:23
Primeira fin de semana de rebaixas nas rúas e nos centros comerciais de Galicia. Na contorna da rúa do Príncipe vimos establecementos con descontos de ata o 70 %, pero con medias de 30 % ou 40 %
Os clientes cos que puidemos falar están bastante satisfeitos da campaña deste ano. Abrigos, calzado, roupa interior ou obxectos para o fogar son as adquisicións máis habituais.
Os estudios apuntan a que cada galego gastará 85 euros nesta campaña. Os máis previsores acoden os primeiros días e cos prezos anteriores aprendidos, os menos avezados acaban mercando a nova colección.