Publicador de contidos

Publicador de contidos

Primeira edición da SEDEXPO, a feira de seguridade, defensa e emerxencias de Galicia

Primeira edición da SEDEXPO, a feira de seguridade, defensa e emerxencias de Galicia

A feira de seguridade, defensa e emerxencias celebrouse do 17 ao 19 de novembro en Silleda

Reuniu as Forzas e Corpos de Seguridade e as Administracións coas empresas tecnolóxicas que avanzaron novidades en ciberseguridade e robótica

Exposición dun dron equipado para as Forzas Armadas
G24.gal 19/11/2022 16:28 Última actualización 19/11/2022 16:44

Máis de 280 firmas dos ámbitos de seguridade e emerxencias participan esta fin de semana na SEDEXPO, a feira do sector que reúne Corpos de Seguridade, Administracións e empresas. O obxectivo é compartir experiencias, coñecer novas tecnoloxías e achegar o público xeral ás tarefas de rescate ou de seguridade.

Na primeira Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, os relatorios dos diferentes corpos e efectivos conflúen coas demostracións das últimas tecnoloxías de ciberseguridade, drons de salvamento, equipos de excarceración ou de extinción de incendios, tal e como relata Ricardo Xosé Durán.

Quixemos que fose un punto de coñecemento. Tivemos 91 xornadas técnicas con 130 profesionais dando relatorios. E a verdade é que concentramos un montón de xente de moito nivel falando de como está a guerra en Ucraína, ou das comunicacións no 112 ou o papel dos drons no mundo das emerxencias. 

Este sábado a Garda Civil simulaba a súa intervención ante un atentado. 

Imos simular unha agresión a un mandatario. Imos ver como cada compoñente da Garda Civil dentro dese convoi ten que saber perfectamente que ten que facer, cal é o seu ámbito de responsabilidade e como se desenvolve a neutralización dunha ameaza nun convoi de seguridade. 

Na feira, que remata hoxe púidose participar tamén en talleres de soporte vital básico e desfibrilación ou de xestión do estrés en situacións de crise.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade