Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Preto de 60 creadores, artesáns e artistas participan nunha nova edición do Mercado das Nubes
Tamén haberá degustacións gastronómicas elaboradas con produtos dos postos da praza de abastos
                            G24.gal
                        
                            10/03/2023 21:32
                        
                        
                        
                        
                    
                    O Mercado das Nubes é un mercado urbano onde prima o deseño, a creatividade e os produtos sostibles e de proximidade.
Desde o sector téxtil, á fotografía pasando pola ilustración e a xoieiría ou a decoración. Desta volta preto de 60 creadores, artistas e artesáns achegan as súas propostas neste espazos que ten como escenario o mercado de Santo Agostiño da Coruña.
Tamén haberá degustacións gastronómicas elaboradas con produtos dos postos da praza de abastos.
Esta nova edición do Mercado das Nubes, dedicada á primavera, poderá visitarse ata o domingo.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
                 
            
         
            
        