Cargando resultados...
Presidente, director xeral e xogadores breoganistas valoran o triunfo ante Burgos
No post partido do Pazo, o Galicia en Goles conversou con tódolos protagonistas da vitoria lucense
G24.gal
03/04/2022 15:25
Foi un loitado encontro no que a afección breoganista desfrutou co triunfo dos seus ante o Burgos. O regreso do ex técnico Paco Olmos serviu como acicate para un conxunto que segue a soñar con entrar nos playoff polo título da Liga ACB de baloncesto.
Alfonso Pardo estivo no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo e tralo remate do partido fixo unha extensa escolma de valoracións do triunfo. Polos micrófonos da Radio Galega pasaron o presidente Xose Antón Caneda, o director xeral Tito Díaz e os xogadores Erik Quintela e Jordan Sako.