Publicador de contidos
Publicador de contidos

Presentouse o Astara Team de Diego Vallejo para facer historia no Dakar

Presentouse o Astara Team de Diego Vallejo para facer historia no Dakar

Diego Vallejo: "Queremos chegar e estar arriba"

G24.gal 19/11/2021 16:22

Presentouse en Madrid o Astara Team, equipo de competición creado para facer historia no rally Dakar 2022 co obxectivo de demostrar que é posible ofrecer a solución de mobilidade máis eficaz, intelixente e sostible posible para calquera persoa e en calquera terreo.

Tras unha profunda análise das opcións técnicas dispoñibles e dos requirimentos do Dakar, o equipo optou pola mellor solución posible: competir cun vehículo lixeiro alimentado por combustible sintético ou e-fuel. Este combustible ecolóxico prodúcese a partir da auga e o CO2 do aire, e é neutro en carbono, pois o CO2 que emite durante a súa combustión é o mesmo que se extraeu da atmosfera durante o proceso de produción. Ademais, non emite residuos sólidos nin micropartículas.

As parellas Jesús Calleja-Edu Blanco e Óscar Fortes-Diego Vallejo, participarán ao volante de senllos 01 Concept encadrado na categoría T1.3 ( buggy de dúas rodas motrices).

Diego Vallejo: "Queremos chegar e estar arriba". "Orgulloso de representar a Galicia"

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos