Cargando resultados...
Presentan en Santiago unha nova moeda dedicada ao Xacobeo 21-22
A peza ten un valor de 30 euros e está fabricada en prata e cobre
G24.gal
24/11/2021 14:46
Esta mañá presentouse en Santiago unha nova moeda da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre dedicada ao Xacobeo 21-22.
A moeda, de 30 euros, está fabricada en prata e cobre. No anverso leva a imaxe superposta dos reis Filipe VI e Letizia e no reverso aparece una imaxe alegórica ao Camiño cun peregrino e a Catedral de Santiago.
Ademais leva a lenda: "Xacobeo 21-22", acompañada dun bastón de peregrino e a cuncha.
O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, a ministra Nadia Calviño e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, participaron na cerimonia de presentación.