Publicador de contidos

Publicador de contidos

O proxecto 'Xuntos' de produtos galegos gourmet preséntase no Fórum Gastronómico

O proxecto 'Xuntos' de produtos galegos gourmet preséntase no Fórum Gastronómico

O público tivo ocasión de probar os produtos gourmet

O Fórum Gastronómico pechará as súas portas este martes

G24.gal 26/09/2022 21:44

Dúas estrelas Michelin galegas, Lucía Freitas e Pepe Solla, comparten mesa cos membros do proxecto Xuntos, que se presentou no Fórum Gastronómico.

Unha aposta polo produto galego de calidade. Entre eles, o queixo que conquista mercados internacionais.

"No Reino Unido, Canadá, República Checa, Francia, Bélxica, Alemaña, creo que tamén estamos entrando en Polonia e, por suposto, Portugal", enumera Ana Vázquez, da Queixería Airas Moniz. 

Tamén está presente neste proxecto a carne galega, considerada unha das mellores do mundo.

"É un das mellores do mundo por un par de motivos. Por un lado, a alimentación que temos aquí. E por outro, a idade. Non ten competencia porque neste sector non hai animais vellos nin este formato que temos en Galicia de cría tan específica, en casas", sinala Xosé Portas, do maiorista de carne Discarlux.

Completan o proxecto Xuntos o mundo da conserva artesá e o do viño. Todas esas empresas teñen a innovación como camiño para seguir medrando. E así o certifican na cociña os mellores chefs galegos. 

"Eu, que viaxo moito, que tiven un restaurante en Nova York, onde se consomen, aínda a día de hoxe, produtos galegos 100 %, é incrible o valor que lles dá a xente a eses produtos de calidade galegos. Temos que saber aprecialos e valoralos", apunta a chef Lucía Freitas, do restaurante A Tafona.

O público tivo ocasión de probar os produtos gourmet nunha das moitas degustacións organizadas no Fórum Gastronómico, que, por certo, pechará as súas portas este martes.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar