Publicador de contidos

Publicador de contidos

Preocupación pola falta de xeo en supermercados e gasolineiras

Preocupación pola falta de xeo en supermercados e gasolineiras

G24.gal 16/08/2022 14:47

Atopar xeo nos supermercados e nas gasolineiras de Santiago de Compostela é misión case imposible. Dende hai tres semanas chégalles menos cantidade e a pouca que reciben véndese practicamente no día.

Alberto Álvarez, dunha tenda 24 horas, asegura que non teñen xeo e que nos supermercados tampouco se atopa; unha situación que levan padecendo dende hai dúas ou tres semanas. 

Tamén hai preocupación no sector hostaleiro. Din que de momento non tiveron desbastecemento porque en época estival os subministradores dan prioridade a estes establecementos fronte a outros. Aínda así hai moitos que xa lle viron as orellas ao lobo.

Thor Rodríguez, presidente da Asociación de Hostalaría de Compostela, apunta que os pequenos locais si que poden verse afectados por este desabastecemento porque non teñen espazo para almacenar moito xeo e cando quedan sen el teñen que recorrer a supermercados e gasolineiras, que é onde hai escaseza.

Ante o desabastecemento deste produto, moitos decidiron adoptar medidas drásticas. Alberto Álvarez asegura que só vende unha bolsa por cliente e Cristóbal Loureiro, dun café próximo, apunta que comezou a racionalo, que en lugar de botar tres ou catro pedras de xeo agora bota unha ou dúas. Tamén apunta que dun tempo a esta parte o xeo encarceu case un 20 por cento.

O motivo da suba de prezos é o mesmo que hai tras o desabastecemento: o encarecemento do prezo da electricidade e a alta demanda de este produto durante o verán.

Así e todo, os fabricantes aseguran que a subministración para os locais de hostalaría está garantido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade