Publicador de contidos
Publicador de contidos

Preocupación entre os comerciantes de Ourense polo incremento dos roubos

Preocupación entre os comerciantes de Ourense polo incremento dos roubos

Segundo os datos policiais, denunciáronse 81 asaltos en seis meses, a taxa máis alta da década

Os afectados din que son aumentos puntuais e non ven necesario aumentar as medidas de seguridade

Comercio en Ourense
G24.gal 10/09/2024 20:39 Última actualización 10/09/2024 20:53

Logo de abrir un burato no vidro coa tapa dun sumidoiro, o ladrón intenta acceder ao escaparate dunha xoiería localizada nunha céntrica galería comercial de Ourense. Foi o roubo máis violento e espectacular dos últimos meses. Pero houbo máis na contorna. Neste salón de peiteado forzaron a porta e colleron o que puideron.

Os asaltos prodúcense en moitos casos a plena luz do día, sen importarlles aos autores os dispositivos de vixilancia. Entre os comerciantes aumenta a preocupación e o temor. 

Segundo os datos policiais, en medio ano denunciáronse 81 roubos en comercios do centro da cidade. Sae a tres por semana, a cifra máis elevada nunha década. Aínda que os afectados sinalan que se trata de incrementos puntuais.

Con todo, o sector do comercio asegura que a vixilancia policial é suficiente e que non ven necesario incrementar as medidas de seguridade xa instaladas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade