Preocupación en Silleda pola queima de varios colectores no último mes
Polo de agora os estragos non foron máis alá dos contedores, pero o risco de danos máis graves inquieta a veciños e autoridades
En Silleda están en alerta porque no último mes prendéronlles lume a 11 colectores en distintas rúas. Por sorte non causaron máis dano. 9 deles arderon de noite e outros dous ao mediodía, o que parece indicar que o autor ou autores buscan non ter testemuñas.
Desde a Policía Local apelan á colaboración cidadá para acabar con estes actos vandálicos.
O último deles foi este luns contra as 2 da tarde na rúa María Colmeiro. O domingo ardeu outro en Pintor Colmeiro ás 9 e media da noite. Por sorte, os bombeiros actuaron con celeridade e non houbo que lamentar máis danos en ningún caso.
9 dos incendios, supostamente intencionados, producíronse de noite, e outros dous á hora de comer, polo que intúen que o autor ou autores buscan evitar testemuñas. A sucesión destes actos vandálicos preocupa porque, aínda que polo de agora os estragos foron menores, se o lume se propaga podería causar danos graves.
A Policía Local apela á colaboración cidadá para acabar con estes actos vandálicos e dar co autor ou autores.