Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atracan por segunda vez en 48 horas un supermercado da Coruña

Atracan por segunda vez en 48 horas un supermercado da Coruña

Os veciños sinalan varios narcopisos detrás da vaga de roubos no barrio de Oza A Gaiteira

G24.gal 24/01/2023 14:14

Na Coruña, novo atraco, coitelo en man, no mesmo supermercado do barrio da Gaiteira. En apenas 48 horas dous asaltos moi semellantes pero protagonizados por individuos distintos, 

A preocupación medra. Volveuse repetir o atraco perpetrado co mesmo modus operandi. O ladrón desta volta levou menos cartos pero volveu ameazar cun coitelo a caixeira e fuxiu de novo á carreira.

Varias testemuñas aseguran que o viron entrar no mesmo edificio que no anterior atraco. Algúns veciños confirmaron hoxe que se trata doutro piso onde se trafica con drogas e hai un movemento constante de toxicómanos. Está a só 100 metros de distancia da vivenda ocupada que ardeu o sábado pasado.

Non se fala doutra cousa neste popular barrio coruñés. A tranquilidade non é a mesma que hai uns anos. Os roubos son demasiado habituais. Poucos negocios líbranse dos asaltantes. A policía ten constancia de polo menos dous narcopisos nos arredores.

A rápida intervención dos bombeiros axudou a extinguir un incendio nun deles na madrugada da fin de semana. Os veciños levan anos denunciando a actividade da vivenda ocupada. Está previsto que sexa desaloxado por orde xudicial a finais de mes. A veciñanza pensa que suporá un pequeno alivio sempre que non decaia a presenza policial na zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar