Publicador de contidos

Publicador de contidos

Preocupa a suba dos ingresos por covid–19 en planta e a evolución nas dúas próximas semanas

Preocupa a suba dos ingresos por covid–19 en planta e a evolución nas dúas próximas semanas

Política Social di que a maioría dos infectados en residencias están leves ou asintomáticos

G24.gal 11/01/2022 20:02

No xeriátrico da parroquia viguesa de Bembrive teñen o maior gromo de covid–19 nunha residencia de Galicia. Xestionada por DomusVI aínda que de titularidade pública, suma polo menos 80 contaxios na última semana. Política Social confirmou a existencia deste e doutro gromo nunha residencia de Compostela con 15 afectados.

"Todos eses maiores que están contaxiados están ben coidados e ben atendidos. Están descansando e recuperándose, xa que a maioría deles non presentan síntomas ou teñen síntomas moi leves", afirmou a conselleira Fabiola García.

Sanidade segue situando a finais desta semana ou principios da próxima o pico de casos activos desta sexta vaga do virus en Galicia. Coñecer o impacto hospitalario real tras a entrada en xogo de ómicron tardará algo máis.

"Hai unha semana posterior para o pico de casos hospitalizados, polo menos ata o de agora coas variantes máis clásicas, e unha semana máis para o pico das UCI. Non estamos vendo de momento ese crecemento na UCI pero si un incremento que nos preocupa na hospitalización convencional", afirmaba Julio García Comesaña en Verín.

Este mércores, o subcomité clínico fará unha revisión da situación epidemiolóxica e comezará a estudar que pasa coas actuais restricións establecidas en principio ata o próximo 18 de xaneiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade