Préndeno tras intentar roubarlle con violencia un móbil a un menor
Préndeno tras intentar roubarlle con violencia un móbil a un menor
O home xa pasou a disposición xudicial
Prenden un home na Coruña acusado dun roubo con violencia a un menor de idade. Os feitos aconteceron contra as seis da tarde, cando a vítima, menor de idade, estaba sentando na terraza dun bar do barrio da Sagrada Familia canda o seu irmán maior de idade.
Daquela, achegóuselles un home que lles preguntou a hora en repetidas ocasións e, nun momento dado, achegouse ao rapaz máis novo, agarrouno e aproveitando a súa superioridade física, intentou arrebatarlle o teléfono móbil que tiña na man.
O seu irmán intentou apartar o delincuente, pero a reacción deste foi coller unha cadeira da terraza e golpealo, provocándolle lesións que requiriron asistencia médica. O home fuxiu rapidamente, malia que non chegou moi lonxe, porque o perseguiron varias testemuñas ata que chegou a Policía Nacional.