Prenden unha muller co maior alixo de drogas sintéticas comisado en Ferrol
Tras pasar a disposición xudicial quedou en liberdade, malia que investiga por un delito de tráfico de drogas
Levaba consigo 200 gramos de metanfetaminas, cristais, ketamina e cocaína rosa

Nova operación contra o tráfico de drogas en Ferrol. A Brigada de Seguridade Cidadá da Policía Nacional prendeu unha moza co maior alixo de drogas sintéticas incautado na cidade naval.
Trátase dunha muller de orixe chilena que os axentes prenderon na estación de tren, o domingo pasado, cando regresaba de Madrid. Levaba consigo 200 gramos de metanfetaminas, cristais, ketamina e coca rosa.
Os investigadores cren que a muller se ofreceu a ser un dos correos da droga cos que as mafias introducen substancias estupefacientes nesta comarca. E é a primeira carteira da droga que prenden con ketamina.
Este martes pola mañá xa pasou a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Ferrol e quedou en liberdade, malia que investigada por un delito de tráfico de drogas.