Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prenden un home por intentar abusar sexualmente de dúas mozas na Coruña

Prenden un home por intentar abusar sexualmente de dúas mozas na Coruña

Permanece arrestado na comisaría de Lonzas á espera de pasar á disposición xudicial

G24.gal 06/07/2022 14:11

A Policía Nacional prendeu un home despois de que intentase abusar sexualmente dunha muller no barrio coruñés de Monte Alto. 

A moza foi sorprendida polo agresor nada máis entrar no portal da súa casa. Porén, nese intre, ela non se decatou de que accedía tras ela. Unha vez dentro, el agarrouna, zarandeouna e intentou agredila sexualmente.

Ambos os dous forcexaron e a moza logrou zafarse, abrir a porta do edificio e fuxir correndo. 

Arestora o home permanece na comisaría de Lonzas á espera de pasar á disposición xudicial.

Algunhas fontes contan que non era a primeira vez que actuaba porque, polo menos, hai outra muller afectada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade