Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prenden o autor de tres roubos cando se dispuña a cometer o cuarto

Prenden o autor de tres roubos cando se dispuña a cometer o cuarto

O delincuente, con antecedentes penais, xa está no cárcere

Actuaba só e en todos os roubos esgrimiu un coitelo de grandes dimensións

G24.gal 05/05/2022 14:09 Última actualización 05/05/2022 14:25

O terceiro e último atraco deste delincuente foi nunha farmacia de Santa Cruz, en Oleiros. Eran as tres e media do domingo pasado cando, esgrimindo un coitelo de grandes dimensións, esixiulle á única traballadora que estaba nese intre, todos os cartos da caixa.

En canto conseguiu a recadación, fuxiu. E desde a farmacia inmediatamente puxéronse en contacto coa empresa de seguridade para obter as imaxes do atraco.

Collérono na allada ese mesmo día cando se dispuña atracar outra farmacia. Sería o cuarto roubo con intimidación desde o pasado 12 de abril. Daquela atracou unha tenda de decoración e, dez días máis tarde, outra de agasallos. Sempre actuou só e ía vestido do mesmo xeito.

O detido, que xa contaba con antecedentes por feitos similares, tras pasar a disposición xudicial, ingresou no cárcere. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade