Cargando resultados...
A escritora uruguaia Cristina Peri Rossi, galardoada co Premio Cervantes
É a sexta muller que o recibe na historia do galardón

G24.gal
10/11/2021 21:27
A escritora uruguaia Cristina Peri Rossi é a galardoada co Premio Cervantes 2021, máximo recoñecemento das letras españolas
A resolución do xurado fíxose pública este mércores polo ministro de Cultura, Miquel Iceta. O xurado recoñece na escritora o seu compromiso continuo con temas contemporáneos, como a condición da muller.
Cristina Peri Rossi, residente en Barcelona, é a sexta muller que recibe este galardón. Está dotado con 125.000 euros.