Cargando resultados...
Premian o Hospital de Ourense polo compromiso co clima
Destacaron as medidas para reducir as emisións, o uso de enerxías renovables, xestión de residuos e aforro de auga

G24.gal
05/12/2022 20:54
Última actualización 05/12/2022 21:23
O Hospital Universitario de Ourense acaba de ser premiado polo seu compromiso co medio ambiente.
Nun acto promovido pola organización Sanidade polo Clima, recoñeceron dez hospitais de toda España.
Do hospital de Ourense destacaron as medidas adoptadas para reducir as emisións, o uso de enerxías renovables, xestión de residuos e aforro de auga.
Sinalaron, concretamente, o horto terapéutico, instalado nunha das cubertas do novo edificio de hospitalización. Un plan de compromiso do clima que se estende ao resto da área sanitaria de Ourense.