Prades: "Tiñamos que facer un partido perfecto e non saíu"
O técnico do Guardés analiza a derrota na final da Copa da Raíña

Tras facer o máis difícil na semifinal, derrotar oo anfitrión e gran favorito Bera Bera, o conxunto pontevedrés non puido pechar o círculo de éxito na gran final ante o Málaga. Nun partido en que foi a remolque todo o tempo, o Guardés nada puido facer ante o poderío andaluz. Así o explicaba na Radio Galega o seu técnico José Ignacio Prades.
"Tiñamos que facer tres grandes partidos e fixemos dous e medio. Coñeciamos o potencial delas e debíamos ter o partido perfecto, pero hoxe non saíu. Marchamos cun subcampionato pero debemos marchar coa cabeza moi alta. A pena que nos queda é que tiñamos ilusión, a afección, a vila estaba entregada, dá pena non devolver todo o que nos dan. Estou superorgulloso do equipo. Non hai palabras para describir como nos sentimos arroupados pola nosa xente"