Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Poucas capturas e prezos altos no mercado
O temporal de comezos de semana favoreceu a suba nos prezos
                            G24.gal
                        
                            31/12/2021 14:49
                        
                        
                        
                        
                    
                    Hainos previsores, pero hai tamén quen agarda ata o último momento para decidir o menú da cea desta noite. E se a opción elixida é peixe ou marisco, houbo que preparar o peto, porque o habitual nestas datas é que os prezos suban.
Tamén inflúe o temporal que houbo a comezos de semana, o que se traduce en escaseza de produtos.
Din os vendedores da praza que as novas restricións da hostalería están facendo que aumente un pouco a clientela. Moitos que ían cear fóra e cancelaron achéganse buscando alternativas.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
                 
            
         
            
        