Publicador de contidos

Publicador de contidos

Que precisa a posta a punto dos vehículos para circular baixo a chuvia?

Que precisa a posta a punto dos vehículos para circular baixo a chuvia?

Cómpre revisar pneumáticos, luces e sistemas para desembazar os cristais

Segundo a DXT, o risco de accidentes con chuvia aumenta un 70 %

G24.gal 23/11/2022 14:32

Achégase o inverno e hai que preparar os coches para afrontar o mal tempo con maior seguridade. Co asfalto mollado, a adherencia dos pneumáticos é menor. Cunha roda lisa, a freada alóngase e aumenta o risco de aquaplanning, así que o primeiro é revisar que o coche vaia ben calzado.

Santiago Vázquez, mecánico de Talleres Euromaster de Teo, explica que "no inverno aconsellamos cambiar os pneumáticos con menos de 3 milímetros de profundidade do debuxo da rodadura. Estupendo sería usar penumáticos específicos de inverno neste tempo, e se non os chamados todo tempo que funcionan estupendamente".

Con chuvia cómpre levar acesas as luces de cruzamento e posición e comprobar que ningunha está fundida. Os limpaparabrisas teñen que estar en perfecto estado para retirar auga da visión. E, moi importante tamén, comprobar que os sistemas para eliminar o bafo funcionen correctamente.

"Se temos que andar pendentes por onde mirar, se temos puntos mortos polo bafo no cristal pode saír unha persoa por unha esquina e non a vemos. Se a climatización funciona ben evitamos accidentes", engade o mecánico.

Que a batería estea, como mínimo, ao 60 % e botar líquido anticonxelante son outros dos consellos dos mecánicos. O que non poden controlar no taller á a condución, que haberá de axustarse ás condicións do clima e da vía, reducindo velocidade e procurando non pasar por charcos sen coñecer a súa profundidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar