Publicador de contidos

Publicador de contidos

Portugal propón un paquete de medidas para abaratar o alugueiro e a compra de vivenda

Portugal propón un paquete de medidas para abaratar o alugueiro e a compra de vivenda

Reducirá o IVE da construción das casas ao 6%, se estas non superan determinados valores

Ofrece beneficios fiscais no IRPF aos propietarios que aluguen os seus pisos a un “valor moderado”

G24.gal 27/09/2025 16:51

En Portugal, en quince anos, as casas pasaron a custar máis do dobre. Este ano, o prezo medio dos alugueiros rolda os 1.300 euros en todo o país, e o salario mínimo non chega aos 900 euros. Por iso, o Goberno acaba de lanzar un paquete de medidas para tentar paliar este grave problema.

En cidades coma o Porto ou Lisboa é case imposible, para unha familia de ingresos medios, mercar e incluso alugar un piso. O problema está claro: hai poucas casas para tanta demanda e, por iso, o Goberno acaba de lanzar un paquete de medidas orientado a inxectar nova vivenda no mercado.

Por exemplo, flexibilizando a burocracia e, sobre todo, reducindo o IVE da construción de casas ao 6%, se estas non superan determinados valores. Ademais, tamén ofrece beneficios fiscais no IRPF aos propietarios que aluguen os seus pisos a un “valor moderado”, un concepto novo, que a oposición critica, por demasiado elevado.

A meirande parte das medidas debe ser aínda aprobada no Parlamento, e iso está por ver, porque o executivo goberna en minoría. Considérase unha política de "contagotas", e que a verdadeira medida necesaria é aumentar a construción de vivenda pública por parte do Estado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade