Publicador de contidos

Portugal gasta o dobre en hostalería ca a media europea

Portugal gasta o dobre en hostalería ca a media europea

Os nosos veciños recuperaron os niveis de consumo de antes da pandemia en moitos sectores

O xoves comunicarán desde que día volve ser obrigatoria a máscara en interiores

Os hoteis portgueses tamén están facturando máis que a media europea Os hoteis portgueses tamén están facturando máis que a media europea
Alberto Mancebo 23/11/2021 20:29

O consumo en hostalería e restauración é lixeiramente maior ca antes da pandemia en Portugal. Duplica a media europea segundo os datos de Eurostat. Os nosos veciños foron dos europeos que máis tardaron en aliviar restricións despois do verán. Cando o fixeron, iso si, elimináronas practicamente todas e iso pode estar detrás do despegue do consumo.

Dende hai dous meses en Portugal case todos os índices volveron a cifras de antes de marzo de 2020. Por exemplo, o tráfico e o gasto en combustible na cidade do Porto ou o consumo de peixe. 

O impulso na hostalaría e restauración pode ter que ver con que Portugal segue sendo moi visitado polos estranxeiros, especialmente por españois que queren evitar coller un avión. Tamén o feito de que a máscara non sexa esixida en interiores atrae a moitos consumidores. Algo, por certo, que ten os días contados. O xoves saberemos desde que data exactamente. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade