Publicador de contidos
Publicador de contidos

O goberno portugués confírmalle a Rueda que quere ter listo o AVE a Galicia en 2032

O goberno portugués confírmalle a Rueda que quere ter listo o AVE a Galicia en 2032

O Goberno portugués mantén como prioritaria a conexión por AVE con Galicia, ao tempo que impulsa a liña Madrid-Lisboa

G24.gal 23/05/2024 20:34 Última actualización 23/05/2024 21:00

O ministro de Infraestruturas asegura que para os gobernos de Portugal e España é unha prioridade conectar os países por alta velocidade, un proxecto, di Miguel Pinto, para varias xeracións.

"Está absolutamente clara para o goberno portugués a ligazón Lisboa-Vigo. Esa prioridade que deixamos clara son as dúas horas que conectarán Lisboa con Vigo e máis tarde Lisboa con Madrid en tres horas, e a Península Ibérica será con certeza un espazo máis cohesionado e máis próximo", dixo Miguel Pinto Luz, ministro de Infraestruturas de Portugal.

Alfonso Rueda asegura que marcha tranquilo desta reunión e pídelle ao Goberno español que planifique os investimentos entre Vigo e a fronteira para ter a conexión por alta velocidade en tempo e forma.

"Agradézolle moito ao ministro a súa claridade e firmeza en defender este compromiso. Nós faremos a nosa parte co noso goberno, co Goberno de España. Todos os trámites deben acelerarse", dixo Alfonso Rueda, para que as obras estean rematadas en 2032.

O presidente da Xunta e o ministro tamén acordaron iniciar contactos para impulsar a mellora doutras infraestruturas fronteirizas, como as pontes internacionais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade