Publicador de contidos
Publicador de contidos

Porriño e Guardés non pasan dos cuartos de final da Copa

Porriño e Guardés non pasan dos cuartos de final da Copa

Ambos conxuntos galegos perderon os seus partidos e quedan fóra da competición 

G24.gal 11/05/2024 17:14 Última actualización 11/05/2024 19:11

O Mecalia Atlético Guardés e o Club Balonmán Porriño perderon sendos partidos ante o Bera Bera(35-23) e o Aula Valladolid(24-26). Con estas derrotas os equipos galegos son eliminados da fase final da Copa.

As de Isma Martínez comezaron o partido de maneira moi negativa logo non serían quenes de recuperar a distancia perdida. Na primeira metade as cousas non saían o que obrigou a cambiar o esquema a sete xogadores durante varios minutos, buscando aumentar unha anotación que non fluía. O Aula Valladolid estaba sendo mellor ata o momento e ambos equipos retiráronse ao descanso cun resultado menos doloroso do que podería ter sido, catro arriba para as locais. 

A segunda metade parecía un cambio de guión no que ata ese momento estaba sendo o encontro. Sumidas nunha boa dinámica as galegas conseguiron recortar distancias ata mesmo chegar a poñerse por diante cun 20-19. Non obstante, ese resultado non prevalecería e a fortuna non caería do seu lado. Derrota final para o Porriño e oportunidade desaproveitada. 

Por outra banda o Guardés viaxou ao País Vasco para tratar de realizar unha empresa que se presumía máis complicada. As previsións víronse confirmadas co inicio tempestuoso das locais que non deixaba ocasión a seguirlles o ritmo anotador. Marchaban ao descanso con seis goles de vantaxe e a sensación de ser superiores ás galegas. 

Na segunda metade habería un pequeno amago de remontada das visitantes, pero que non se mantería no tempo. As locais rematarían impoñendo a súa lei e o resultado final sería moi claro, de 35 a 23 para o Bera Bera. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos