Pontón propón axuda puntual de 300 euros para os autónomos
A líder do BNG pide unha axuda puntural para paliar os efectos da suba dos carburantes e da enerxía

A portavoz do BNG, Ana Pontón, propuxo este xoves dentro do plan de choque para combater a crise de prezos unha axuda "puntual" de 300 euros dirixida aos traballadores autónomos destinada a "paliar os efectos da suba dos carburantes e da enerxía"
Esta medida forma parte do plan de resposta que expón o BNG á crise de prezos e que supón unha mobilización de 1.000 millóns de euros que defenderá no Parlamento galego e que, para esta formación, axudaría os traballadores autónomos e pemes que "o están pasando mal neste momento", segundo a líder do BNG.
Para Pontón, "non se entende" que a Xunta se poña nas actuais circunstancias "de perfil ante a maior crise de prezos do últimos corenta anos" e, por iso, instou o Executivo autonómico, presidido por Alfonso Rueda, que deixe "a súa pasividade e póñase á fronte" a articular todo tipo de medidas de apoio.
Esta reflexión prodúcese despois da reunión celebrada en Ourense con representantes dos praceiros do mercado municipal da cidade, á que tamén asistiu o portavoz municipal do BNG, Luís Seara e os deputados autonómicos Noa Presas e Iago Tabarés.