Cargando resultados...
Pontevedra e Rácing tentarán recuperar as boas sensacións en Pasarón
Os locais están en postos de descenso e o Rácing só sumou un dos últimos doce puntos
G24.gal
02/12/2022 21:29
Prepárase Pasarón para o derbi Pontevedra-Rácing. O Rácing chega afogado nunha mala xeira que comezou a finais de outubro co fatídico encontro no que se mancaron Pumar e Ferrone. Dende aquela só logrou 1 punto de 12 posibles.
A clasificación indica que, malia os últimos resultados, o Pontevedra está na zona vermella e o Rácing é sexto.
Un que ten boas sensacións pero está na zona de descenso a un punto da permanencia. E outro que pasa por un mal momento pero está a un punto do play-off de ascenso.