Publicador de contidos

Publicador de contidos

Poñen en marcha una campaña para recadar fondos para os refuxiados en locais de hostalería de Lalín

Poñen en marcha una campaña para recadar fondos para os refuxiados en locais de hostalería de Lalín

Un matrimonio ucraíno residente en Lalín, xunto con asociacións, están a recadar fondos, alimentos e roupa de abrigo para os refuxiados

Tamén están a recoller na comarca do Deza roupa de abrigo e alimentos 

Un dos petos que se están a repartir nos locais de Lalín para recadar fondos
G24.gal 04/03/2022 14:23

Lalín tamén se une para axudar os ucraínos. Un matrimonio daquel país, Igor e Irina, residentes en Galicia desde hai 20 anos, viven con medo e angustia pola familia que teñen aló. Precisamente para axudar os seus compatriotas están a levar a cabo, xunto con asociacións e veciños de Lalín, unha campaña para recadar fondos, pero tamén alimentos e roupa de abrigo.

"Terrorífico, porque é unha impotencia total", di Irina Eysmont, e engade a súa parella, Igor Shakn, que "cando non das contactado ou non che collen o teléfono, cae a alma". Con medo e angustia vive este matrimonio ucraíno, residente en Lalín dende hai 20 anos, dende o 24 de febreiro.

Medo pola familia que quedou en Ucraína. No caso de Irina, no seu país quedou súa nai, e no de Igor, o seu fillo, que como ten coñecementos de medicina está traballando nun hospital. 

E angustia polo seu país e por esa chamada que non chega polos fallos nas comunicacións, ou por esa chamada que non queren recibir. Están pendentes do teléfono e cada vez que soa temen o peor, "estámonos preparando para o peor" di Igor coa bágoas nos ollos.

Irina ten familia rusa, pois seu pai é natural de Rusia e din que tamén sofren e teñen medo por esta guerra que non entenden e que fai que moitos membros da súa familia tivesen que escapar a Polonia ou Hungría. A irmá de Igor foi unha delas. Explica que tan só os separaba 70 quilómetros da fronteira pero "foron os máis longos da súa vida" segundo lle dixo súa irmá. 

Precisamente para axudar os refuxiados este matrimonio, xunto coa colaboración de asociacións e particulares de Lalín, están a recadar fondos, víveres e roupa de abrigo: térmicas, mantas, guantes... Irina lembra que moitos dos refuxiados dormen en pavillóns e vai moito frío. 

Tamén están a repartir petos, 72 en total e que pretenden ampliar, faino Igor nos negocios de hostalería de Lalín para quen queira e poida colaborar. Para os que queiran colaborar economicamente poden facelo enviando diñeiro á Organización benéfica International Charitable Foundation Come Back Alive en apoio ao exército ucraíno (UA223226690000026007300905964, JSC CB Privatbank) ou para o comando "Volve con vida" para axudar os refuxiados  (UA173052990000026009035028620). 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos