Polo menos sete desaparecidos na ocupada Nova Kakhovka tras a destrución da presa
Zelenski di que 80 cidades e vilas poderían asolagarse e que hai máis de 40.000 afectados
Polo menos sete persoas están desaparecidas na ocupada cidade ucraína de Nova Kakhovka, na rexión meridional de Khersón, tras a destrución da próxima presa, que deixou asolagadas varias localidades.
Os niveles da auga empezan a reducirse lixeiramente na cidade tras rexistrarse ata doce metros nalgúns lugares.
Máis de 900 persoas tiveron que ser evacuadas o martes de zonas asolagadas nos territorios controlados por Rusia na marxe esquerda do río Dniéper.
Na ribeira dereita, controlada por Ucraína, evacuáronse o martes 1.328 cidadáns, de acordo co xefe da Administración Estatal Rexional de Khersón Oleksandr Prokudin.
Nos territorios ocupados polas tropas rusas, a localidade de Korsunka quedou completamente mergullada debido á descarga incontrolada de auga do encoro de Kakhovka.
O presidente Volodimir Zelenski dixo que 80 cidades e vilas poderían asolagarse despois da destrución da represa en Nova Kakhovka e afectaría a máis de 40.000 persoas. Acusa a Moscova de "ecocidio".
As consecuencias da rotura da presa de Nova Kakhovka aínda están por ver. Occidente está atento ao que sucede na zona e todo apunta a Rusia como autora do ataque, pero no Kremlin négano. Os últimos datos que manexa Nacións Unidas falan de 16.000 persoas que perderon as súas casas.
A ONU afirmou que este é o maior ataque a infraestructuras civís dende que comezou a invasión rusa. Milleiros de casas da contorna están afectadas, e a rotura da presa tamén fai escasear a comida e a auga.
