Falecen 34 persoas nun ataque israelí contra un campo de refuxiados en Gaza
Outras 120 persoas quedaron feridas no ataque contra o campamento de Mawasi, no sur da Franxa
España vai propor que a corte internacional xulgue o bloqueo israelí da entrada de axuda en Gaza

Polo menos 34 persoas morreron e 120 resultaron feridas nun novo ataque con drons de Israel contra as tendas do campamento de refuxiados de Mawasi, no sur da franxa de Gaza.
Nesta zona, cualificada como "segura" ata que o Exército hebreo rompeu a tregua, viven amoreadas centos de miles de persoas, segundo os datos das autoridades sanitarias do enclave.
As tendas das familias refuxiadas atópanse na contorna do hospital kuwaití de Mawasi, que pouco despois do ataque anunciaba a suspensión dos seus servizos cirúrxicos por mor dos "graves danos sufridos" tras o bombardeo.