Publicador de contidos

Publicador de contidos

Polo menos 32 mortos tras caer un guindastre sobre un tren en Tailandia

Polo menos 32 mortos tras caer un guindastre sobre un tren en Tailandia

O accidente ocorreu en Ban Thanon Kho, a uns 250 quilómetros de Bangkok, onde os bombeiros lograron conter o incendio mentres efectivos de equipos de rescate utilizaron distintas ferramentas para liberar os afectados

G24.gal 14/01/2026 08:20 Última actualización 14/01/2026 14:04

Polo menos 32 persoas morreron máis de 60 resultaron feridas este mércores en Tailandia despois de que un guindastre caese sobre un tren de pasaxeiros que cubría un roteiro entre Bangkok e o nordés do país, segundo as últimas cifras oficiais.

Os equipos de rescate sinalaron a EFE que "podería haber cinco ou posiblemente máis persoas atrapadas aínda en vagóns do tren", no que viaxaban preto de dous centenares de pasaxeiros no momento do accidente, ocorrido na provincia nororiental de Nakhon Ratchasima.

O sinistro produciuse cando un guindastre que traballaba nun proxecto ferroviario de alta velocidade entre a capital tailandesa e a cidade chinesa de Kunming caeu sobre o tren en movemento, provocando o seu descarrilamento e un incendio no lugar. A nova construción levaba a cabo sobre unha liña férrea xa existente, no marco do proxecto de alta velocidade que conectará Tailandia A China.

Un total de 171 persoas viaxaban a bordo do tren no momento do accidente, segundo as últimas cifras oficiais. Un total de 208 viaxaban desde o comezo da ruta e foron baixando en distintas paradas antes do suceso.

O presidente da Asociación de Enxeñeiros Estruturais de Tailandia, Amorn Pimanamas, atribuíu o ocorrido a "deficiencias de seguridade" e considerou que se puido deber a "deficiencias nas medidas de seguridade na construción en áreas públicas", recolleu a cadea pública Thai PBS. O mesmo medio informou da suspensión temporal da ruta que cubría o tren accidentado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade