Publicador de contidos

Publicador de contidos

Polo menos 12 mortos nun accidente de autobús en Croacia

Polo menos 12 mortos nun accidente de autobús en Croacia

O vehículo, matriculado en Polonia, saíu da autoestrada pola beiravía

Hai máis de 40 feridos no sinistro

G24.gal 06/08/2022 13:06

O accidente dun autocar polaco que saíu da estrada ao norte de Croacia deixa polo menos 12 persoas mortas e outras 43 feridas de distinta gravidade.

Todas as vítimas son de nacionalidade polaca, confirman as autoridades croatas. Os viaxeiros peregrinaban a Medjugorje, unha localidade de Bosnia-Herzegovina, onde supostamente apareceu en 1981 a Virxe María. É o terceiro santuario de Europa máis visitado tras os de Lourdes e Fátima.

O accidente produciuse contras as seis da mañá deste sábado, cando o vehículo saíu da autoestrada e deslizouse pola beiravía. Circulaba a uns 60 quilómetros de Zagreb, a capital croata.

Uns 18 dos feridos no accidente están graves. O autobús ten matrícula de Varsovia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade