Publicador de contidos

Publicador de contidos

Polémica sobre as horas extra que cobra a policía local de Ourense

Polémica sobre as horas extra que cobra a policía local de Ourense

En Ourense, debate político arredor da Policía Local

Os axentes aseguran que os datos achegados na moción son falsos e solicitan que deixen de empregalos como arma política

G24.gal 01/12/2022 09:17

Na moción presentada polo grupo dos non adscritos, e que mañá se debaterá, aseguran que o concelleiro Telmo Ucha modificou os horarios da policía local e duplicoulle o prezo das horas extra co obxectivo de beneficiar algúns axentes afíns. A acusación non gustou nada no colectivo da policía local. Aseguran que o prezo das horas extra pasou de 12 euros a 24 para igualarse co que cobran no resto das policías locais en Galicia.

Unha mellora salarial que é para todos sen excepción. Defenden ademais o novo horario, aseguran que foi consensuado e que as quendas están totalmente cubertas e hai presenza policial as 24 horas do día na cidade. Os eventos especiais e as fins de semana sempre requiriron, din, de reforzos a maiores. Estase a reforzar a vixilancia na zona histórica ata que se poña en funcionamento un sistema de cámaras, ademais ás noites realizan reforzos das probas de alcoholemia e patrullan para garantir a seguridade cidadá. Tamén vixían o botellón.

O que solicitan é mais efectivos; agora hai 118 policías na xefatura da Policía Local de Ourense. Outra demanda do colectivo pasa por mellorar as dotacións; polo momento, o concello xa lles mercou novos coches e un cento de chalecos antibalas preparados tamén para repeler ataques de arma branca. Os axentes piden que a súa seguridade non se empregue como arma política.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade