Polémica polos chíos de Óscar Puente críticos con Mañueco
O PP censura a frivolidade empregada polo ministro en plena vaga de incendios
A ministra Saiz pide evitar confrontacións: "É momento de estar unidos"
O ministro de Transportes, Óscar Puente, tachou de "desvergonzados" o presidente de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco, e o conselleiro de Medio Ambiente, Juan Carlos Suárez-Quiñones, por "estar de festa" durante os incendios que afectan a comunidade. "Un non volveu de Cádiz e o outro vai a Xixón comer", criticou Puente en referencia ás vacacións de Mañueco e o seu conselleiro, respectivamente.
Así se manifestou Puente na rede social X, na que ao longo deste luns protagonizou unha serie de publicacións de mensaxes sobre a xestión do goberno autonómico dos incendios que nos últimos días están a afectar a diferentes zonas de Castela e León. Neste sentido, o exalcalde de Valladolid reprochou inicialmente a Mañueco e a Suárez-Quiñones de atoparse respectivamente en Cádiz e Xixón fai catro días cando comezou o Cecopi, mentres "Castela e León arde".
Estos otros dos no los difundes, Jaime. El que se cachondea de la comunidad que gobierna es tu compañero Mañueco. Y el estercolero eres tú, y los que te acompañan. Pero no ético. Estercolero a secas. https://t.co/AyNFh5iyVk pic.twitter.com/KwlsRJ7hxN
— Oscar Puente (@oscar_puente_) August 11, 2025
Posteriormente, respondeu a unha mensaxe do líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, preguntándolle se Mañueco lle contara "que tal o tempo en Cádiz" e avisándoo de que en Castela e León "está quente a cousa". Esta última publicación do ministro de Transportes desatou a reacción dos 'populares', que a través do seu deputado Jaime de Olano acusou a Puente de "cachondearse" dos incendios e que "o sanchismo é un estercoleiro ético". "O que se cachondea da comunidade que goberna é o teu compañeiro Mañueco. E o estercoleiro es ti, e os que te acompañan. Pero non ético. Estercoleiro a secas", cargou o ministro socialista a Olano.
"Dille a Mañueco que as vacacións están sobrevaloradas. Que se volva de Cádiz a Castela e León que se está queimando de arriba a abaixo. Anda. Que igual a ti che fai caso", afeoulle novamente Puente a Feijóo, nunha terceira mensaxe
O balbordo foi tal que o propio ministro chegou a borra algún dos seus comentarios máis fóra de ton, en concreto un no que lle recomendaba a Fernández Mañueco botarlle unha man ao presidente andaluz, ao que se refería como Juanma, par apagar o lume de Tarifa xa que o inicio da onda incendiaria o collera de vacacións en Cádiz.
O líder do PP, Alberto Níñez Feijoo, afirmou que nun Goberno seu non terían cabida ministros como Puente. O PP denuncia que chove sobre mollado e que o presidente do Goberno debería controlar os seus ministros e deixar de frivolizar nun momento coma este.
Si un ministro de mi Gobierno bromeara con el sufrimiento de un pueblo asediado por las llamas sería cesado de manera inmediata.
— Alberto Núñez Feijóo (@NunezFeijoo) August 11, 2025
Ya que no les pide eficacia y honradez, Pedro Sánchez debería pedir a su equipo al menos sensibilidad y respeto ante el dolor de los españoles. Es lo… pic.twitter.com/zIduaskXIA
Si un Presidente autonómico de mi partido estuviera de farra mientras el pueblo se ahoga, o mientras su territorio se quema, sería cesado de manera automática. Y si en mi partido el amigo de un narco llegase a Presidente dejaría de ser mi partido. https://t.co/jO6ZDu8Anu
— Oscar Puente (@oscar_puente_) August 11, 2025
.O presidente de Castela e León acusou este martes a Puente de facer un uso "frívolo do sufrimento" que causan os incendios forestais que arrasan Castela e León. Mañueco lembrou que o ministro ten "altas responsabilidades no noso país" ao ser ministro do Goberno de Pedro Sánchez e facer "unha política que nos avergoña a todos".
A ministra de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, Elma Saiz, apostou este martes pola colaboración coas comunidades autónomas para loitar contra os incendios, e non pola confrontación. "Mentres España está a arder, a min vanme a atopar sempre na colaboración e non na confrontación", asegurou aos xornalistas que lle preguntaron polas mensaxes que Puente colgou en X nos que reprochaba a Mañueco estar en Cádiz mentres se estendían os incendios na súa comunidade.
A ministra insistiu en que a historia demostra que ante as situacións de emerxencia "é momento de estar unidos".